VI Edición do Encontro Diocesano de Nenos co arcebispo

O 1 de maio celebrarase no Seminario Menor de Belvís a VI Edición do Encontro Diocesano de Nenos co arcebispo, monseñor Julián Barrio. Desde a Delegación de Infancia e Mocidade indícase a todos os rapaces que “este ano non te podes perder o VI Encontro Diocesano de Nenos. Como lema deste ano “Jesús ten algo contarche” e acompañaranos o noso Arcebispo.

Non veñas só e anima ao teu catequista, ao teu párroco e aos teus amigos.

Horario11:00 acollida no Seminario Menor de Belvís
11:30 Talleres
13:30 comida
14:30 Gymkana
16:30 Misa, presidida polo noso Sr. Arcebispo.

1.- ¿Quen pode participar? nenos de 3 º a 6º de Primaria, acompañados dos seus catequistas, párrocos, profesores ou pais.

2.- ¿Como me inscribo? Inscríbeche a través desta ligazón.

3.- ¿Imos repartirnos en grupos para os talleres? 

Si, repartiremos a cada parroquia en dous grupos: nenos/as de 3º de primaria e outro de nenos/as de 4º a 6º de primaria. Por iso é necesario que á hora de inscribirvos digádesnos cuantos participan en cada bloque.

4.- ¿Que facemos os pais mentres os nenos están cos catequistas nas actividades? 

Os pais tamén terán actividade á mañá.

5.- ¿Temos que levar comida? 

Si, a comida é de traxe…eu trouxen empanada, eu trouxen tortilla, eu trouxen bacallau…

6.- ¿Que facemos cos autobuses? 

Unha vez que á mañá chegan ao Seminario Menor e descargan á xente márchanse ata as 18.00 da tarde que termina a Eucaristía e pódenvos recoller preto da catedral (nas dársenas de Juan XIII). No Seminario Menor non hai sitio para albergar tantos.

7.- ¿hai que pagar algo? Este ano pedímosvos unha achega de 1 € por participante para cubrir todos os gastos: alugar lugares, equipos de son, botafumeiro, gastos voluntariado,….que recolleremos na mesa de inscrición.

Versión en castelán