Vixilia da Inmaculada dos mozos en Noia

Un numeroso grupo de mozos, mozas e mozos, déronse cita este sábado pasado, día 5 de decembro, na localidade de Noia para celebrar a Vixilia da Inmaculada. Procedían de distintos lugares da Arquidiocese e de varias parroquias, convocados pola Delegación de Infancia e Mocidade, organizadora da vixilia. Desde o venres, un equipo de voluntarios preparaba as cuestións organizativas para recibir e acoller aos mozos e mozas que ían participar neste acontecemento. A Vixilia da Inmaculada, que presidiu o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, tivo lugar na Igrexa Parroquial de San Martiño. Na súa homilía, monseñor Barrio destacou a figura de María no camiño do Advento. Os mozos puideron participar nos varios talleres que se previron, tales como:

– Boanoite.- Cómo ayudar a los sin techo;

– Vocaciones.- Diferentes tipos de vocaciones

– Flasmob.- Con Macaco y su “hijos de un mismo dios”

– Testimonio ETA .- Veremos que es eso del perdón

– Performance .- Baile y sentimientos

– A creba .- Rompiendo estigmas sociales

– Misela.- ¿Cómo se hace eso de ayudar?

– Laudas.- Historia y leyendas milenarias

– Trinitarias.- ¿Qué hacen, qué son?

Os actos desenvolvéronse no Colexio María Asumpta. Tamén houbo un magazine especial no Liceo de Noia e, previa á celebración da Eucaristía, unha Festa do Perdón, ao termo da cal se desenvolveu unha procesión de fachos.

Foto: http://www.depasxuventude.com

Versión en castelán