VII Encontro Diocesano de Nenos: Atrévete a ser SANTO

Este ano non te podes perder o VII Encontro Diocesano de Nenos. Como lema deste ano «Atréveche a ser Santo» e acompañaranos o noso Arcebispo.

Non veñas só e anima ao teu catequista, ao teu párroco e aos teus amigos.

Horario:

11:00 acollida no seminario menor de Blevís
11:30 Talleres
13:30 comida
14:30 Gymkana
16:30 Misa, presidida polo noso Sr. Arcebispo.

1.- ¿Quen pode participar? nenos de 3º a 6º de Primaria, acompañados dos seus catequistas, párrocos, profesores ou pais.

2.- ¿Como me inscribo? Inscríbeche através desta ligazón.

3.- ¿Imos repartirnos en grupos para os talleres?

Si, repartiremos a cada parroquia en dous grupos: nenos/as de 3º de primaria e outro de nenos/as de 4º a 6º de primaria. Por iso é necesario que á hora de inscribirvos digádesnos cuantos participan en cada bloque.

4.- ¿Que facemos os pais mentres os nenos están cos catequistas nas actividades?

Os pais tamén terán actividade á mañá.

5.- ¿Temos que levar comida?

Si, a comida é de traxe…eu trouxen empanada, eu trouxen tortilla, eu trouxen bacallau…

6.- ¿Que facemos cos autobuses?

Unha vez que á mañá chegan ao Seminario Menor e descargan á xente márchanse ata as 18.00 da tarde que termina a Eucaristía e pódenvos recoller preto da catedral (nas dársenas de Juan XIII). No Seminario Menor non hai sitio para albergar tantos.

7.- ¿hai que pagar algo? Este ano pedímosvos unha achega de 1€ por participante para cubrir todos os gastos: alugar lugares, equipos de son, gastos voluntariado,….que recolleremos na mesa de inscrición.

Máis Información: Santi Romero: 678992104

Versión en castelán