Visita do arcebispo ao cuartel de Atocha

O Arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, visitou o Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa, situado no Acuartelamento de Atocha da cidade da Coruña. Á súa chegada, foi recibido polo xeneral Xefe da FLO, Francisco Javier Sánchez Fernández, acompañado dos mandos que traballan con el. Tamén estaba presente o Arcebispo Castrense de España, Mons. Juan del Río Martín. Antes de visitar as instalacións, o xeneral Xefe presentoulle o traballo que realiza esta unidade do exército español.

A continuación, a comitiva desprazouse á igrexa de santo Andrés, parroquia castrense, onde o párroco Carlos López expuxo aos Arcebispos e ao xeneral Xefe da FLO as últimas obras realizadas, así como os posibles proxectos a realizar.

A visita finalizou coa visita ao Palacio da Capitanía Xeral, onde se uniron o Vigairo Episcopal Territorial da Coruña, o Abade da Colexiata, o Arcipreste de Faro e o Párroco de santa María e Santiago, parroquia onde se atopa este edificio.

Versión en castelán