Visita do bispo auxiliar aos centros da EDAP da Coruña

O día 8 de abril, Mons. Jesús Fernández, Bispo Auxiliar da Diocese, visitou aos responsables e participantes dos Centros da Escola de Axentes de Pastoral da Coruña. A súa visita coincidiu co Retiro que, dirixido polo Delegado de Pastoral Xuvenil e da Infancia Javier García, congregou ao case centenar de integrantes dos tres Centros. Cabe lembrar que, nos devanditos Centros, están a impartirse varios itinerarios formativos; en concreto: Liturxia, Catequese, Voluntariado de Cáritas, Pastoral da saúde. Tamén se ofrece o Curso complementario que incide especialmente en cuestións relacionadas coa espiritualidade laical.

Versión en castelán