Vivencia dos mozos na Vixilia da Inmaculada en Noia

Despois de comer empezamos o magacine, entrevistas, música, testemuños, bailes…, dúas horas de entretemento.

Un dos momentos máis intensos foi o testemuño de dous sirios, que nos explicaron a realidade que vive o seu país, e que non deixou indiferente a ninguén.

Unha vez terminada esta actividade, fomos a merendar e despois desprazámonos á Igrexa dos Franciscanos onde tivemos a festa do perdón.

Desde alí desprazámonos en procesión coa Virxe á parroquia, onde celebramos a Eucaristía, que presidiu o noso arcebispo, monseñor Julián Barrio. Tamén estivo presente o bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández González.

Grazas ao pobo de Noia por tan boa acollida.

 

Fonte: depasxuventude.com

 

Versión en castelán